Programa comparte: fai que a vexan!


Deseño e execución do programa de identificación da violencia de xénero “Comparte: fai que a vexan” posto en marcha a través do Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Ordes

Este programa tivo como obxectivo sensibilizar á poboación adolescente e ás familias sobre a importancia da responsabilidade compartida no uso das TIC e na detección precoz  da violencia de xénero.

Contou co financiamento da Deputación da Coruña e desenvolveuse nos concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo durante o 2015.

 

DESCRICIÓN DAS ACTIVIDADES:

No desenvolvemento do programa realizaranse as seguintes actuacións:

Sesións informativas nos centros educativos da comarca.

Obradoiros de sensibilización  en materia de detección da violencia de xénero coas familias.

Elaboración dun estudo-diagnóstico sobre o uso das tic, sexismo e violencia de xénero na comarca de Ordes.

blog:  http://programacomparte.blogspot.com.es

twitter: https://twitter.com/ProgramComparte


« Voltar
Formamos parte de:
Seguenos en: