Formación


Ofertamos servizos formativos en materia social e medioambiental. Utilizando unha metodoloxía práctica e participativa, deseñamos, desenvolvemos e avaliamos cursos, xornadas, plans e proxectos de formación en diferentes ámbitos. 

Contamos cunha ampla experiencia na xestión de actividades formativas nas diferentes modalidades (presencial, semipresencial e en liña).

Obradoiros sostibles: xardinería e poda, cosmética natural, plantas medicinais, elaboración de xabóns.

Formación ambiental en materia forestal: boas prácticas ambientais, outros aproveitamentos do monte, certificación forestal.

Saúde e benestar: risoterapia, autoestima, relaxación e musicoterapia, xestión emocional e control do estrés, talleres de memoria, hábitos de vida saudable.

Igualdade de oportunidades: coeducación, sensibilización e prevención de violencia de xénero, corresponsabilidade e actividades de conciliación.

Economía social: xestión de cooperativas, cooperativismo e autoemprego.

Ocio e tempo libre: actividades de animación á lectura, contacontos, campamentos de verán, talleres de animación e traballos manuais.


« Voltar
Formamos parte de:
Seguenos en: